O Atleti aproveita os regalos do Tottenham e colle vantaxe na eliminatoria (5-2)
Desastroso inico de partido do equipo londinense que concedeu moito en defensa
Julián Álvarez en dúas ocasións, Llorente, Griezmann e Le Normand foron os goleadores atléticos
O Atleti deixou escapar a posibilidade de sentenciar a eliminatoria tras encaixar os goles de Pedro Porro e Solanke
@Atleti
O Atlético de Madrid acadou unha importante renda na ida dos oitavos de final da Champions League tras gañar 5-2 ao Totenham pero quedou coa sensación agridoce de poder ter finiquitado a eliminatoria.
O inicio de partido do equipo londinense foi esperpéntico e o conxunto madrileño aproveitou para marcar tres goles nos primeiros quince minutos. Dous erros calamitosos do porteiro debutante Kinsky propiciaron os tantos de Marcos Llorente e Julián Álvarez. Entre medias Griezmann tamén se aproveitaba doutro regalo da zaga inglesa. O adestrador dos ingleses Igor Tudor desfacía a súa decisión inicial e sustituía ao cancerbeiro Kinsky no minuto 17 polo habitualmente titular, o italiano Vicario. O meta encaixaba un novo gol ao pouco de ingresar no campo, esta vez de Le Normand despois dunha falta lateral. Antes do descanso , nun arrinque de orgullo, o español Pedro Porro anotaba para os Spurs o gol que deixaba o 4-1 ao descanso.
Na segunda metade os londinenses puideron marcar o segundo pero Oblak evitou o gol de Richarlison. E na continuación desa mesma acción chegaría o quinto do Atleti tras unha contra de cincuenta metros de Julián Álvarez que acadaría o segundo da súa conta. Pese o avultado do marcador non tirou a toalla o Tottenham que reduciría diferenzas tras un grave erro de Oblak que aproveitaría Solanke. O treito final do partido non deu para máis e o Atleti terá que rematar o traballo a próxima semana no Tottenham Stadium.