Rácing e Pontevedra empatan nun derbi de pelexa e polémica (0-0)
Tejera fallou un penalti para o Rácing na primeira parte
Compa marcou para o Pontevedra no minuto 89
Partido de disputa que reforza o desexo de playoff granate e merma as do Rácing
Momento da falta de Luisao a Saúl que invalidou o gol do Pontevedra
Era unha tarde gris na Malata, desas que invitan a pouco. E pouco foi o que ofeceron o Rácing e o Pontevedra para o decepción dos 4600 que se achegaron esta xornada á Malata. O partido estivo na loita, na disputa, na prioridade en non cometer erros. E así foi que vivimos un partido con aroma a playoff, con dous equipos punteiros na categoría, pero que non lembraremos pola súa vistosidade e alegría.
Da primeira parte rescatamos dous momentos. O primeiro no minuto 16, cando o colexiado sinalou penalti por un agarrón de Montoro a Chema Rodríguez. Penalti que lanzou Tejera. O catalán enganou a Marqueta, mais para sorpresa de todos mandouno como un metro fóra. E a segunda das accións haina que ir buscar ao final desta primeira parte. E foi a prol do Pontevedra. Unha falta que lanzou de xeito espectacular Yelko e que salvou Lucas cunha felina estirada. Como len, dúas accións en pelota parada. Indicativo.
A segunda parte respondeu ao mesmo guión. Co Rácing que foi achuchando, insistindo co paso dos minutos. Igual porque era o que máis necesitaba o triunfo. Pero foi o Pontevedra o que marcou. No minuto 89. Nunha transición que acabou con chut de Ballardo primeiro, logo de Gil e con Compa certeiro no remate final. Gol. E con polémica arbitral porque Francisco García anulouno por unha falta de Luisao a Saúl García no inicio da xogada. Indicación polémica. O árbitro non a pitou en directo, non lle pareceu, e logo foi o FVS e cambiou de opinión. Moi dubidosa.
E así acabou o derbi. Con empate sen goles. Coa indignación do Pontevedra que vía as súas opcións de playoff reforzadas. E co alivio do Rácing.