O Real Madrid di adeus á Champions League nun partido tolo ante o Bayern (4-3)
A expulsión de Camavinga a catro minutos do final sería decisiva no desenlace do partido
Os de Arbeloa realizaron unha gran primeira metade pero cederon na segunda parte no treito final do partido
Os brancos remataron moi cabreados coa actuación arbitral
@realmadrid
O Real Madrid quedou eliminado da Champions League tras perder 4-1 ante o bayern nun partido que tivo unha primeira parte frenética e unha segunda parte máis contida na que a expulsión do madridista Camavinga resultaría case decisiva.
A primeira metade foi unha auténtica tolemia. No primeiro minuto adiantouse xa o Real Madrid tras unha pifia de Neuer que aproveitou Guler. Pero rápido contestaría o equipo bávaro cun remate de Pavlovic a saída dun corner. Semellaba que os xermanos ían facerse co control do partido pero de novo Guler anotaría para os brancos cun marabilloso libre directo desde a frontal da área. Aceptou o desafío o Bayern que empataría de novo rapidamente cun gol de Harry Kane a pase de Upamecano. Era un pàrtido frenético pero o Real Madrid aínda tivo tempo de poñerse de novo por diante antes do descanso. Unha vertixinosa contra levada por Vinivius pola esquerda foi rematada ao fondo das mallas por Mbappe. Era o epílogo a unha primeira metade que foi unha uténtica oda ao fútbol ofensivo.
Na segunda metade o Real Madrid decidiu protexerse máis para ameazar á contra con Vinicius e Mbappe. O Bayern dominaba pero faltáballe clarividencia para crear perigo. Pasaban os minutos e a prórroga achegábase ó horizonte do partido. Pero chegou a xogada que marcaría o devir do partido. Camavinga retrasou o lanzamento dunha falta recibinco unha segunda amom¡nestación que deixaba os brancos con 10. Restaban catro minutos para o final e o Bayern aproveitounos para igualar o partido e levarse a eliminatoria tras un gran disparo de Luis Díaz desde a frontal que entraría na portería de Lunin tras tocar lixeiramente en Militao. Na prolongación chegaría o cuarto dos bávaros tras unha gran xogada persoal do frances Olise.
+