Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Viveiro xa comezaron cos preparativos da Semana Santa, que fai que se duplique a poboación

En Viveiro xa comezaron cos preparativos da Semana Santa, que fai que se duplique a poboación

Declarada de Interese Turístico Internacional, hai xa un mes que persoal das confradías está a traballar para pór a punto as imaxes das procesións e os hábitos

G24.gal 10/03/2026 21:50

A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións máis senlleiras de Galicia. Consta de 39 pasos, oito irmandades e 3.500 confrades. Declarada festa de Interese Turístico Internacional, atrae cada ano a milleiros de visitantes. 

Estes días están xa cos preparativos, co fin de que as imaxes luzan o seu mellor aspecto e que os confrades teñan os hábitos listos. 

Como antesala da Semana Santa, baixo unha carpa reúnense as imaxes que van participar nas procesións. Hainas de gran valor. Razóns non faltan para visitar Viveiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade