Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o home que alertou dun incendio na vivenda que tiña que abandonar

Deteñen o home que alertou dun incendio na vivenda que tiña que abandonar

Ocorreu no barrio vigués do Calvario

O home foi detido e tras ir ao xulgado derivárono ao hospital

G24.gal 19/09/2025 13:51

De rescatado nun incendio a detido por provocalo, ese foi o percorrido do home que onte pedía axuda dende o balcón da vivenda en que residía como inquilino en Vigo. Logo de rescatalo os bombeiros  comprobaron que se trataba dun lume intencionado con tres focos. O home estaba a piques de ser desafiuzado.

A alarma saltaba contra as once e media da mañá do xoves e nunha tenda téxtil de Antela Conde empezaron a notar cheiro a fume. Axiña viron chegar dous coches de bombeiros, un deles, escada. Desaloxaron todo o edificio afectado e confinaron as empregadas desta tenda.

O home que alertou  ao 112 estaba no balcón, fóra de si tremendo.

Logo do rescate os bombeiros detectaron que había tres focos e deron feito que o incendio foi provocado por el, un home de trinta anos que  estaba de alugueiro e que ía ser desaloxado da súa vivenda. Acabou sendo detido.

Xa pasou a disposición xudicial e o xulgado solicitou que o volvesen levar ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade