Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo control policial nun 'after' do barrio coruñés do Orzán

Novo control policial nun 'after' do barrio coruñés do Orzán

A intervención rematou coa identificación de varias persoas

Os veciños contan que levan anos aturando problemas de ruídos e de inseguridade

G24.gal 19/09/2025 13:30

Varias patrullas da Policía Local e tamén da Nacional achegáronse contra as oito da mañá ata un after da rúa Orzán para realizar un control rutineiro. Na intervención, os axentes identificaron varias persoas.

"Xoves, venres e sábado sempre hai aí altercados e cousas. Escoitamos, vemos policía..., incluso vemos xente que vén de alí e pasa por aquí bastante prexudicada".

Os veciños contan que levan anos aturando problemas de ruídos e de inseguridade.

"Machetes, coitelos, pelexas..., as fins de semana, todos os días".

No barrio explican que a policía intensificou a vixilancia na zona, pero din que non é dabondo para poder vivir tranquilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade