Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os dous sospeitosos de matar a Matilde Muñoz estarán 15 días en illamento

Os dous sospeitosos de matar a Matilde Muñoz estarán 15 días en illamento

Os detidos, vinculados ao hotel onde se aloxaba a vítima, poden estar incomunicados co resto dos reclusos un máximo de 60 días 

A policía cre que o cadáver de Matilde estivo oculto durante catro días nun cuarto de almacenamento do hotel

G24.gal 02/09/2025 08:44

Os dous detidos polo presunto asasinato premeditado da española Matilde Muñoz atópanse illados nunha cela da comisaría de Lombok Occidental, onde poden estar un máximo de 60 días, segundo fontes policiais.

Os homes, na trintena e vinculados ao hotel onde se aloxaba Muñoz en Lombok, teñen que pasar 15 días en illamento e non poden comunicarse con outros presos.

Nos calabozos hai unha vintena de detidos. Con todo, a policía asegura que a investigación se centra de momento nos dous únicos sospeitosos.

A reconstrución do crime de Matilde

Pouco a pouco, a policía vai casando pezas para descubrir as circunstancias nas que se produciu o crime. De momento centra as súas pescudas nos dous sospeitosos, aínda que amigos e familiares de Muñoz cren que hai máis persoal do hotel implicado.

Os investigadores deu con eles a través da xeolocalización do teléfono móbil da falecida. Sospeitan que os dous accederon, na madrugada do 2 de xullo, á habitación de hotel onde estaba aloxada a vítima. Fixérono, afirman, a través dunha ventá coa intención de roubala. Cren que o corpo foi trasladado de sitio e que, nun principio estivo catro días oculto nun cuarto de almacenamento deste establecemento.

O pasado sábado, o cadáver da turista ferrolá apareceu nunha praia da zona de Senggigi, a medio quilómetro do hotel. Agárdase que a autopsia achegue luz sobre o acontecido. Os resultados  da mesma poderían darse a coñecer nas próximas horas.

Matilde Muñoz, que facía 73 anos este mes, chegara a Lombok en xuño. Os seus familiares alertaron da súa desaparición cando deixaron de ter noticias dela a finais dese mes.

Nada en Ferrol aínda que residente en Mallorca, adoitaba pasar longas tempadas viaxando por Asia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade