Publicador de contidos

Publicador de contidos

Imposible controlar o incendio dun arrastreiro en Ribeira: "Vaise todo o barco"

Imposible controlar o incendio dun arrastreiro en Ribeira: "Vaise todo o barco"

O barco está escorando a estribor e témese que poida afundir, o que obrigaría a activar un plan de emerxencia

O lume orixinouse mentres se realizaban tarefas de reparación

 

O barco afectado arde no porto de Ribeira
G24.gal 01/09/2025 18:01 Última actualización 01/09/2025 22:53

En Ribeira, os efectivos despregados para apagar o incendio no arrastreiro Awadi non conseguen controlar o lume.

As lapas esténdense polo interior das cámaras do barco. 

O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, di que o lume é imposible de controlar.

O enorme efectivo despregado na zona traballa sen descanso dende hai horas e o peor pode estar por chegar. 

O barco está escorando a estribor, e témese que poida afundir. Se o barco fora ao fondo habería que activar un plan de emerxencia para evitar a contaminación na zona.

O traballo dos efectivos de extinción está sendo sumamente complicado. Moitas mangueiras estanse derretendo pola alta temperatura e o fume tóxico obriga a relevar o persoal cada pouco. 

Na zona todos son conscientes de que o incendio pode alongarse durante moitas horas.

 

O barco afectado, de nome Awadi, de 50,75 metros de eslora e 10,32 metros de manga con bandeira de Mauritania.

Segundo o concelleiro do mar, hai pouco tempo que saíu do estaleiro despois  de facer unha reforma grande e estaban cos últimos retoques antes de saír ao mar. 

lume orixinouse no parque de pesca mentres facían unha soldadura.

Polo momento, ningunha persoa resultou afectada e os esforzos céntranse unicamente na extinción do incendio.

 

Desde o centro de coordinación mobilizáronse aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, o GAEM de Ribeira, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia e Portos de Galicia, así como axentes da Garda Civil, da Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Pola súa banda, a Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa desprazou por conta propia o Buque María Pita, con base en Vigo, para prestar axuda no caso de que fose necesaria.

Todos os equipos despregados continúan traballando para sufocar o lume e garantir a seguridade na zona portuaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade