Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega ao porto de Vigo un portacontedores que sufriu un corremento de carga en Aveiro

Chega ao porto de Vigo un portacontedores que sufriu un corremento de carga en Aveiro

Trátase do «María Francisca», un buque que combina o transporte de contedores co de carga xeral

O buque está atracado xa no peirao transversal e non supón ningún risco ambiental

G24.gal 15/01/2026 08:19

O porto de Vigo recibiu un novo buque portacontedores que viña con destino á cidade olívica que e sufriu un corremento de carga durante a súa travesía á altura de Aveiro, en Portugal, debido á forte ondada, no que perdeu varios contedores.

Trátase do «María Francisca», un buque que combina o transporte de contedores co de carga xeral. A súa eslora alcanza os 300 metros e a súa manga 28, e foi construído en 2004.

O buque está atracado xa no peirao transversal e non supón ningún risco ambiental. Nos próximos días procederase á operativa de recolocación dos contedores, unha tarefa que pode levar mesmo semanas.

Dende a Autoridade Portuaia afirman que non está permitido o acceso á zona por cuestións de seguridade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade