Os veciños de Navia de Suarna, expectantes polo que pasará coa película de Oliver Laxe nos Óscar
Para os veciños o director naviego xa é gañador porque fixo historia coas súas dúas nominacións
Aínda que non parte como favorito, os seus veciños confían en que gañe unha das estatuíñas
Oliver Laxe:"Despois desta viaxe, síntome máis galego ca nunca"
Ao chegar a Navia imos ao bar de Carmen, aquí coñecen ben a Oliver Laxe. Aquí toma o café e charla cos veciños, por iso tamen aquí e onde se notan máis os nervios.
"El ao estar alí xa gañou e volverá estar alí, fará outra película e volverá aos Óscar", comenta Carmen Fernández, a dona do café da praza da vila.
É o sentir de todos os veciños, que xa gañou coas dúas nominacións, porque xa fixo historia.
"O importante é que esté alí, que a súa película esté alí"; di un home, outra muller asegura que: "Estamos moi orgullosos"
Orgullosos tamen porque Oliver Laxe é o seu mellor embaixador.
"É moi sinxelo e moi boa persoa e as súas películas son moi orixinais e de calidade", di unha veciña.
Antes de que as súas películas cheguen ás salas vense aquí na praza da vila.
"Os naviegos somos os primeiros en ver as súas películas e iso agradécese, é moi boa persoa, deséxolle moita sorte", comenta unha muller.
Non parte como favorito pero aquí confían en que alomenos veña cunha das estatuíñas.
"Eu confío en que gañe", di unha veciña.
Será outra noite en vela, pegados ao televisor, nunha noite máxica para o cine galego.