Asasinado a tiros en Leópolis o expresidente do Parlamento de Ucraína, Andri Parubi
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, condenou os feitos e asegurou que se están empregando «todas as forzas e medios necesarios na investigación e procura do asasino»

O expresidente do Parlamento ucraíno Andri Parubi foi asasinado en Leópolis nun atentado a tiros perpetrado ao redor do medio día.
"O ministro de Interior Ihor Klimenko e o fiscal xeral Ruslan Kravchenko informáronme do horrible asasinato de Leópolis, Andri Parubi foi asasinado. As miñas condolencias á súa familia", dixo o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski.
"Destinaranse os recursos necesarios para a investigación e o castigo do asasino", agregou.
Segundo a policía a vítima, que nacera en 1971, morreu no lugar dos feitos por mor das súas feridas. A policía rexional, a Policía Nacional ucraína e o Servizo de Seguridade están a investigar o crime.
Polo momento, fanse esforzos por pescudar quen foi o autor material do asasinado por determinar o seu paradoiro.
En 2004 Parubi participou activamente na Revolución Laranxa. En 2007 foi elixido por primeiro vez deputado, polo bloque Nosa Ucraína - Autodefensa do Pobo. En 2016, converteuse no presidente do Parlamento.