Cargando resultados...
Tres persoas feridas na colisión frontal entre dous coches en Lugo
Os bombeiros municipais tiveron que liberar un dos implicados, que foi evacuado ao hospital

G24.gal
30/08/2025 10:08
Tres persoas quedaron feridas, e unha delas tivo que liberada, nunha colisión frontal entre dous coches en Lugo.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 21:45 horas no quilómetro 2 da N-540, á altura da parroquia lucense de Orbazai.
Os bombeiros municipais tiveron que liberar un dos implicados, que foi evacuado ao hospital xunto con outras dúas persoas feridas.
Ante esta emerxencia interviron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.