Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión envorca na AP-9 en Portas e obriga a cortar dous carrís

Un camión envorca na AP-9 en Portas e obriga a cortar dous carrís

Polo de agora non consta que haxa feridos no accidente

Vinte minutos despois produciuse unha colisión entre dous turismos, con tres feridos leves

O camión sinistrado transportaba madeira (Garda Civil-Europa Press) O camión sinistrado transportaba madeira (Garda Civil-Europa Press)
G24.gal 16/10/2025 19:04

Un accidente dun camión que transportada madeira obrigou a cortar a AP-9 en Portas (Pontevedra) ao caer a carga. Foi necesario cortar dous carrís - un en cada dirección - da autoestrada.

Segundo informou a Garda Civil consultada por Europa Press, o accidente tivo lugar ás 17:39 horas da tarde á altura do Concello de Portas (Pontevedra) e o condutor saíu ileso.

O camión, que portaba labras de madeira, chocou contra a mediana tras rebentar unha das súas rodas na AP9. O accidente provocou cortes en ambos os carrís no quilómetro 114 polo desprazamento da carga do vehículo.


Aproximadamente vinte minutos despois e cun quilómetro de diferenza produciuse unha colisión por alcance entre dous turismos que circulaban no quilómetro 113.

Informa a Garda Civil que tres persoas resultaron feridas leves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade