Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio da Gudiña, que calcina 40 hectáreas

Controlado o incendio da Gudiña, que calcina 40 hectáreas

 Todo apunta a que se trata dunha "reprodución" do declarado o pasado domingo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 16/10/2025 16:55

A Consellería do Medio Rural informou de que está controlado o incendio que afecta a parroquia de Parada da Serra, no municipio ourensán da Gudiña.

O departamento autonómico detalla que todo indica a que este lume trátase dunha "reprodución" do rexistrado o pasado domingo na mesma zona.

Este incendio quedou controlado ás 15:03 deste xoves tras orixinarse ás 16:32 horas deste mércores e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 40 hectáreas.

Para facer fronte ás lapas mobilizaron, de forma acumulada, 10 axentes, 12 brigadas, seis motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e seis avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade