Publicador de contidos

Publicador de contidos

A salvo os mariñeiros dun palangreiro de Ribeira que ardeu en augas de Angola

A salvo os mariñeiros dun palangreiro de Ribeira que ardeu en augas de Angola

O  Noruego tiña bandeira española ata este verán que pasou a ter pavillón do país africano

Na tripulación hai catro galegos

G24.gal 16/10/2025 19:16 Última actualización 16/10/2025 20:41

O Noruego de 28 metros de eslora e caso de aceiro sufriu un incendio en augas de Angola. Toda a tripulación, entre a que hai catro galegos, está a salvo. A orixe do incendio aínda non se coñece.

É un palangreiro con casa armadora en Ribeira e bandeira do país africano, onde traballa. Ata o mes de agosto, tiña porto base na localidade do barbanza e pavillón español. En Angola, onde levaba pouco máis dun mes, dedicábase á pesca do polbo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade