Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o condutor dun coche que fuxiu tras colidir con outros catro vehículos en Burela

Buscan o condutor dun coche que fuxiu tras colidir con outros catro vehículos en Burela

A Policía Local da localidade trata de dar co responsable analizando as cámaras de seguridade e a axuda da veciñanza

G24.gal 15/10/2025 10:43

A Policía Local de Burela trata de localizar o condutor dun automóbil que este martes provocou un accidente enque se viron implicados catro vehículos. O suceso tivo lugar a media mañá, cando os axentes municipais recibiron o aviso dun accidente de circulación no cruzamento das rúas Beiramar e Castelao. Segundo varias testemuñas, o posible causante do mesmo foi un vehículo tipo SUV de cor branca, que fuxiu tras saltar un stop.

A Policía trata de localizar o automóbil en cuestión. Indican que no sinistro só houbo danos materiais, e esperan que as cámaras de videovixilancia de tráfico axuden a localizar a condutores que se dan á fuga como este.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade