Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un septuaxenario atropelado na N-554, en Vilaboa

Morre un septuaxenario atropelado na N-554, en Vilaboa

Algunhas testemuñas sinalan que o falecido puido cruzar a estrada por unha zona non sinalizada para facelo

G24.gal 03/12/2025 20:33

Un veciño de Vilaboa de 78 anos perdeu a vida este mércores nun atropelo que tivo lugar na estrada N-554 ao seu paso por Acuña, no concello de Vilaboa. Algunhas testemuñas sinalan que o falecido puido cruzar a estrada por unha zona non sinalizada para facelo.

 

Ata o lugar do sinistro, que se produciu minutos antes das sete da tarde, desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vilaboa. Os sanitarios foran alertados de que o home estaba moi grave, pero finalmente non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O condutor e os ocupantes do vehículo que embestiu a vítima resultaron ilesos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade