Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas quedaron feridas, unha delas grave, nun accidente en Ponteareas

Tres persoas quedaron feridas, unha delas grave, nun accidente en Ponteareas

Os bombeiros tiveron que liberar unha moza de dezaoito anos que quedou atrapada dentro do coche

O vehículo quedou completamente esnaquizado

G24.gal 03/12/2025 14:21

O estado en que quedou o vehículo tras o sinistro cando circulaba por unha estrada na parroquia de Padróns, en Ponteareas, dá conta da gravidade do accidente. O coche saíu da vía e caeu por un terraplén ata bater cunha árbore. O impacto deixou o vehículo totalmente esnaquizado e fixo saltar o motor, que se desprazou ata uns cinco metros de distancia. 

Ata a zona desprazáronse os servizos de emerxencia e os bombeiros, que tiveron que liberar un dos ocupantes: unha moza de dezaoito anos que quedou atrapada dentro do coche en estado inconsciente. 

Os tres ocupantes quedaron feridos e tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario. A moza que tivo que ser rescatada do interior do vehículo continúa ingresada e permanece estable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade