Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso accidente dun guindastre de 60.000 quilos cunha persoa ferida na Pobra

Aparatoso accidente dun guindastre de 60.000 quilos cunha persoa ferida na Pobra

O ferido, o condutor, foi trasladado ao Hospital do Barbanza 

G24.gal 03/03/2026 15:23

Un guindastre de grandes dimensións, de 60.000 quilos de peso, sufriu un aparatoso accidente na noite deste luns nunha rotonda á altura do quilómetro dous da estrada comarcal de AC-302.

O condutor do vehículo resultou ferido e, tras ser atendido nun primeiro momento no lugar do sinistro, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital do Barbanza. Un particular que circulaba pola estrada contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para alertar do accidente.

O guindastre quedou envocardo na estrada AC-302, preto dun acceso á vía rapida do Barbanza, e houbo que poñer en marcha un dispositivo especial de tráfico para proceder á súa retirada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade