Un helicóptero completa o rescate das últimas vacas atrapadas en Taboada
Suponse que fuxían do lobo cando se precipitaron por unha ladeira da Ribeira Sacra
Tiveron que instalar todo un sistema de cordas para poder chegar ata elas para tranquilizalas e levarlles auga e comida
Algunhas das vacas que se atopaban naa zona de difícil acceso próxima ao río Miño, no municipio de Taboada, foron rescatadas a bordo dunha rede con axuda dun helicóptero e transportadas a un lugar seguro, informou este venres o Goberno galego.
A Xunta informa nun comunicado que 10 das 19 vacas que fuxiron o pasado mércores dunha granxa foron rescatadas, algunhas delas coa aeronave. Doce delas acabaron atrapadas e feridas nun terreo escarpado do canón do río Miño de difícil acceso, do que non podían saír, e unha delas morreu.
Sete vacas puideron ser recuperadas pouco despois de saír de estampida da granxa, e parte das outras puideron recibir axuda dos veciños tirando con cordas atadas a un vehículo, pero outras, algunhas delas preñadas, tiveron dificultades para remontar a pendente.
Finalmente, a Xunta sinala nun comunicado que intentou contratar un guindastre, pero ante as dificultades de acceso ao terreo abrupto, contactou cos servizos de emerxencias do Principado de Asturias para intervir cun helicóptero. O piloto da aeronave logrou con destreza rescatar algunhas delas sedadas e con axuda dunha rede na que foron instaladas e transportadas por vía aérea.
Momentos de anguria, tension e tamén de moito agradecemento pola implicación de todos os veciños e servizos de emerxencias. Así describen a situación que viven os donos da explotación gandeira da que proceden os animais.