Sanidade anuncia reunión con O'Mega para tratar de frear a folga de médicos de primaria
Gómez Caamaño non dou data e matizou que "para chegar a un acordo fai falta que as dúas partes tenten chegar a el"
Desde a Consellería insisten en que a central sindical se sume ao acordo maioritario que xa hai
Protesta diante dun centro de saúde da Coruña. Europa Press.
O conselleiro de Sanidade, avanzou este martes durante un visita ao Hospital de Calde, en Lugo, que manterán proximamente unha reunión co sindicato O'Mega para tentar chegar a un acordo que permita suspender as mobilizacións de médicos de atención primaria.
"Pero para chegar a un acordo fai falta que as dúas partes tenten chegar a el", matizou o mandatario autonómico, que non deu unha data concreta para celebrar esta reunión.
O conselleiro de Sanidade situou a taxa de seguimento da folga de facultativos convocada por O'Mega sobre o 6 %, "moi similar á de onte", matizou. No que respecta á área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, esta taxa situouna nun 1,1 %.
"En total foron 5 facultativos os que foron á folga, pero o impacto que houbo onte traduciuse en máis de 5.000 consultas perdidas que haberá que recuperar en canto se poida", especificou.
A Consellería de Sanidade avanzaba que o seguimento da folga estaba este martes nun 6,05 % na quenda de mañá e insistía en que a central sindical se sumase ao acordo maioritario sobre primaria "para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido".