Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche sae da vía e choca contra o muro dunha vivenda en Vigo

Un coche sae da vía e choca contra o muro dunha vivenda en Vigo

Foi o propio condutor o primeiro en alertar os servizos de emerxencias e explicar que estaba atrapado no vehículo

G24.gal 13/10/2025 11:10

Susto importante o que viviron en Vigo. Un coche saíu da vía e chocou contra o muro dunha vivenda. Foi o propio condutor o primeiro en alertar os servizos de emerxencias e explicar que estaba atrapado no vehículo.

Pouco despois eran os ocupantes da vivenda contra a que batera os que avisaban do sucedido. Eles confirmaron que só o mozo estaba no coche e que era necesaria a intervención dos bombeiros. Unha vez liberado, foi trasladado ao hospital cunha posible fractura nunha perna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade