Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 81 anos morre atropelado en Santa Comba

Un home de 81 anos morre atropelado en Santa Comba

O sinsitro produciuse pasadas as 21:00 nunha céntrica rúa da vila

G24.gal 13/10/2025 09:37 Última actualización 13/10/2025 12:49

Un home de 81 anos morreu esta noite pasada tras ser atropelado en Santa Comba, nun sinistro ocorrido na avenida Antonio Tomé Taboada.

O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu varias chamadas pasadas as 21:00 da noite deste domingo en que alertaban de que se producira un atropelo e que se lle estaban practicando manobras de reanimación á vítima, pero xa coa sospeita de que o home falecera.

Mobilizáronse axiña o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Santa Comba, amais da Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil do concello de Santa Comba.

Porén, e a pesar dos esforzos por reanimar o home, tan só puideron confirmar o seu falecemento no mesmo lugar do sinistro.

O condutor do coche implicado no atropelo saíu ileso e deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade