Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous de cada sete falecidos nas estradas galegas eran motoristas

Dous de cada sete falecidos nas estradas galegas eran motoristas

A Coruña é a provincia galega onde se concentra arredor da metade dos accidentes mortais con motoristas

A Garda Civil de Tráfico está a realizar continuas campañas de vixilancia para concienciar da vulnerabilidade deste tipo de condutores

G24.gal 09/10/2025 14:41 Última actualización 09/10/2025 16:20

Un motorista adiantando un coche nunha curva e pisando a liña continua. É unha das imprudencias máis comúns que cometen este tipo de condutores.

"Eu agardo detrás dos coches, pero si vexo que hai quen adianta pola dereita, pola esquerda...". "En cidade, si adiantas pola dereita, pero nun semáforo". "Hai moitos motoristas que van moi rápido e nin sinalizan".

"Pilotar non é sempre conducir ben. Conducir con responsabilidade adecuándose ás circunstancias do tráfico e da contorna, si é pilotar ben", explica Francisco Javier López Dopico, capitán xefe do Destacamento de Tráfico de Ferrol.

Malia o aumento de concienciación e o uso do casco, a vulnerabilidade dos motoristas, preocupa porque a estrada non perdoa erros, e menos aínda cando se circula sobre dúas rodas. Por iso, a Garda Civil de Tráfico está a realizar continuas campañas de vixilancia.

"A mensaxe que hai que enviar sería que a estrada non é un circuíto. Hai que deter o vehículo sempre dentro do campo e visión", engade López Dopico.

Porque en moto non hai segunda oportunidade. E iso reflíctese nos datos da DXT. No que vai de ano, 2 de cada 7 falecidos nas estradas galegas eran motoristas. E, das catro provincias, a da Coruña é a que concentra arredor da metade dos sinistros mortais con motoristas.

"Para nós son un grupo vulnerable. Nun vehículo de catro rodas hai elementos de seguridade pasiva. No caso dos motoristas, non teñen nin carrocería", conclúe o Capitán xefe do Destacamento de Tráfico de Ferrol.

Os expertos insisten na necesidade de mellorar a educación viaria porque, nas estradas, a seguridade non debería depender do tipo de vehículo que se conduce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar