Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablécese a circulación de trens entre Monforte e Ourense despois de extinguirse o incendio de Pantón

Restablécese a circulación de trens entre Monforte e Ourense despois de extinguirse o incendio de Pantón

Podería tratarse dunha "reprodución" do incendio que afectou o mes pasado a Pantón, e que xa obrigara a cortar a circulación

Traballaron nas tarefas de extinción un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente

Imaxe de arquivo dun convoi de Renfe Imaxe de arquivo dun convoi de Renfe
G24.gal 09/10/2025 15:34 Última actualización 09/10/2025 20:07

Volven circular os trens entre Monforte e Ourense ao quedar sufocado o incendio que ameazaba as vías preto no concello de Pantón.

"Debido a un incendio próximo ás vías na zona de San Estevo-Os Peares, a circulación de trens entre Lugo e Ourense tivo que  interromperse este xoves por corte de tensión na catenaria, a pedimento de bombeiros" anunciaba o Adif en X a primeira hora da tarde.

 

Este incendio foi unha "posible reprodución" do que afectou o mes pasado a Pantón. Comezou ás 13,18 horas deste xoves. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, calcinou menos dunha hectárea, aínda que se iniciou nunha ladeira de difícil acceso.

Traballaron nas tarefas de extinción un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente.

Transporte por estrada

Ante esta situación, Renfe puxo en marcha durante a tarde un plan de transporte por estrada para prestar servizo aos viaxeiros de media e longa distancia afectados por este suceso. Ás 14:41 foi suspendido xa a saída do tren que tiña que partir de Lugo cara a Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade