O tren entre Lugo e Ourense volverá circular quince días despois do corte da liña por un incendio
Ata o momento, a entidade establecera un Plan de Transporte Alternativo por estrada para prestar servizo aos viaxeiros afectados polo incendio
O lume comezara na parroquia de Pombeiro, en Pantón, a poucos metros da vía do tren

O Adif informa de que a partir deste venres quedará restablecida a circulación ferroviaria entre Lugo e Ourense, que estaba interrompida desde o pasado 18 de setembro por mor dun incendio que afectou os concellos de Pantón e Sober.
✅ Una vez extinguido el incendio y reconocida la infraestructura, Adif restablece la circulación entre Lugo y Ourense. Desde primera hora de mañana, el servicio comercial también retomará la normalidad.
— INFOAdif (@InfoAdif) October 2, 2025
Más información en https://t.co/hXjLe9ZOTP e @Inforenfe https://t.co/CsgWpzUVE6
Dada a súa magnitude, o lume, que calcinou máis de 1.800 hectáreas tardou once días en quedar totalmente extinguido.
O incendio comezara xusto a carón das vías do tren na parroquia de Pombeiro, en Pantón, en paralelo ao río Sil. A vía viuse afectada nun treito duns doce quilómetros. Os labores de mellora centráronse na reposición de cable dos sistemas de sinalización e control de tráfico e no tendido da nova fibra óptica.
Ata o momento, a entidade establecera un Plan de Transporte Alternativo por estrada para prestar servizo aos viaxeiros afectados polo incendio.