O incendio de Pantón obriga a cortar a circulación de tren entre Lugo e Ourense
A extensión queimada chega xa ás 80 hectáreas
O incendio comezou na parroquia de Pombeiro e afecta a unhas 80 hectáreas
Un incendio forestal no concello lucense de Pantón obrigou a decretar este xoves o nivel dous de emerxencia pola proximidade das lapas ao núcleo de Lornís. A pesar de que avanza sen control, o alcalde de Pantón, Jose Luís Álvarez, asegurou que os núcleos de Lornís e San Cosmede, que son os máis próximos ás lapas, xa non corren perigo.
🚨 Intervención 70 para #Brif Laza, estamos trabajando en incendio 🔥 zona de Pantón (Lugo).
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 18, 2025
Segundo incendio del día.
Equipo formado por 18 bomberos forestales 🧑🚒 y 2 helicópteros 🚁 🚁.
Así se encontraba a las 17:00 horas. pic.twitter.com/jqfL51ik3F
O incendio obrigou ademais a cortar a circulación ferroviaria entre Lugo e Ourense. Renfe estableceu un plan de transporte alternativo por estrada.
Debido a un incendio próximo a las vías, la circulación de trenes que circulan entre Lugo y Ourense se encuentra interrumpida.
— INFOAdif (@InfoAdif) September 18, 2025
O incendio obrigou ademais a interrromper de xeito intermitente a circulación na estra provincial LUP4103 entre Santo Estevo de Ribas de Sil e Ferreira.
O incendio comezou pouco despois das dúas da tarde na parroquia de Pombeiro e polo de agora afecta a unhas 80 hectáreas.
ACTIVO un incendio forestal no concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro, no que se decretou a Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Lornís, e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas #IFPombeiroPantón
— incendios 085 (@incendios085) September 18, 2025
Polo momento, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, nove axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, dúas pas, oito helicópteros e oito avións. Ademais, a Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) de Tabuyo (León) activouse desde a súa base para colaborar.
Incendio en Becerreá
Pola súa parte, un incendio orixinado durante esta mañá en Becerreá (Lugo), na parroquia de Vilachá, permanece xa controlado. Ata o momento, calcinou 13 hectáreas, segundo as estimacións da Xunta. Na súa extinción traballan catro técnicos, cinco axentes, 11 brigadas, sete motobombas, unha pa, sete helicópteros e tres avións.