Pontecesures fai 100 anos
O concello segregouse de Valga o 9 de outubro de 1925
Un 9 de outubro de 1925, un grupo de veciños de Pontecesures conseguían a independencia para o seu concello, separándoo do de Valga. Así que, cen anos despois, toca celebrar. Vai ser alí un día cheo de actos para lembrar a historia e a idiosincrasia propia dun lugar que é, sobre todo, un cruzamento de camiños.
"O que naquel momento nos levou á independencia foi en primeiro lugar a presenza da primeira liña de ferrocarril, que pasaba por Pontecesures", dixo Maite Tocino, a alcaldesa de Pontecesures.
Xunto con -subliña a rexedora- unha burguesía local, industrial e moi inqueda que apostou daquela por segregarse de Valga para facer valer a súa idea de progreso, organizando, por exemplo, as súas célebres feiras do automóbil.
Esta é a historia dunha vila marcada por un río navegable.
"A mediados do século pasado o de Pontecesures era o segundo porto fluvial de España, despois do de Sevilla", explica José Rodríguez, empregado do Concello o e veciño de Pontecesures.
Un río de baleeiros, de lampreas, de areeiros, hoxe tamén de peregrinacións e de piraguas, que viu medrar empresas como Ilepsa, a actual Nestlé.
As fábricas, como Cerámica Celta, personaxes como Maruja 'a Cuca', ou Mambis, o primeiro dunha gran saga de churreiros,. Hoxe é un día para sentir o paso do tempo no telebar e conmemorar mirando o futuro"