Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Cámara Mineira denuncia roubos e actos vandálicos en minas da provincia da Coruña

A Cámara Mineira denuncia roubos e actos vandálicos en minas da provincia da Coruña

Piden o reforzo inmediato da vixilancia nas zonas afectadas

G24.gal 09/10/2026 16:51

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), xunto coa Asociación Galega de Áridos (Arigal), denuncian "a reiteración de roubos con forza e actos vandálicos" en canteiras e explotacións mineiras na provincia da Coruña.

"Nas últimas semanas rexistráronse incidentes en instalacións de empresas asociadas que están a xerar un clima de inseguridade nun sector estratéxico para o tecido industrial galego", explica a Cámara Mineira nun comunicado este venres.

Explican que estes feitos "están a ter consecuencias directas e graves para as empresas afectadas, xa que o mineiro é un sector que opera con marxes e planificación técnica, pero tamén afecta a terceiros polas interrupcións na cadea de subministración".

"Esta situación compromete a continuidade das empresas, pon en risco o emprego e debilita a competitividade do sector", advirte.

Por todo iso, as dúas entidades esixen medidas urxentes e efectivas que pasen polo reforzo inmediato da vixilancia nas zonas afectadas, a investigación dos feitos e a proposta de accións preventivas en coordinación co sector para evitar novos delitos.

"A seguridade nas explotacións mineiras é unha condición imprescindible para garantir a actividade industrial, protexer os traballadores e evitar consecuencias nun sector que ten relevancia no desenvolvemento socioeconómico de Galicia", engaden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade