Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller de 91 anos nun accidente de tráfico en Cabanas

Morre unha muller de 91 anos nun accidente de tráfico en Cabanas

A muller viaxaba nun vehículo que saíu da vía cando circulaba pola AP-9 en sentido Ferrol

G24.gal 09/10/2025 09:40

Unha muller de 91 anos faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na pasada xornada en Cabanas.

Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, pasadas as 20:00 horas deste mércores recibiu varios avisos de que un turismo saíu da vía na AP-9, en Cabanas, sentido Ferrol.

O 061 ratificou que tres pacientes foron atendidos no punto, resultando falecida a muller de 91 anos. Ao Hospital Arquitecto Marcide foi trasladado un home de 65 anos, mentres que outra muller de 65 anos foi dada de alta.

Ao lugar do sinistro desprazáronse catro ambulancias, ademais de persoal sanitario do PAC de Pontedeume.

Ademais, o 112 informou de que, tras confirmar os profesionais do 061 que había unha persoa atrapada dentro do coche, pediuse tamén a intervención dos bombeiros, de forma que acudiron efectivos dos parques do Eume e Betanzos, así como os membros do GES de Mugardos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar