Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguen en estado grave os dous ocupantes dunha moto, pai e fillo, feridos nun accidente en Domaio

Seguen en estado grave os dous ocupantes dunha moto, pai e fillo, feridos nun accidente en Domaio

Un coche saltou a liña contínua, invadiu o carril contrario á saída dunha curva e bateu de fronte contra a motocicleta

Un dos feridos perdeu as dedas dun pé e seu estado é moi grave

O condutor do coche deu negativo na proba de alcoholemia

G24.gal 03/10/2025 14:11

Continúan en estado grave os dous ocupantes dunha moto que onte á tarde sufriron un aparatosos accidente na parroquia moañesa de Domaio. Todo apunta a un descoido do condutor dun turismo que invadiu o carril contrario e bateu de fronte contra a motocicleta.

O sinistro tivo lugar á saída dunha curva no barrio da Borna. O coche circulaba en sentido Moaña e a moto ía en dirección a Rande. Nun momento dado, o turismo invadiu o carril contrario nunha zona de liña continua e bateu de fronte contra a moto.

Un pai e un fillo eran os ocupantes da moto. A consecuencia do brutal impacto, saíron despedidos. Sufriron feridas de gravidade, polo que, despois dunha atención de urxencia no lugar, foron axiña trasladados ao hospital. Un deles perdeu as dedas dun pé a causa do golpe. O seu estado é grave, aínda que está fóra de perigo. 

Dúas ambulancias medicalizadas desprazáronse ao lugar. Un membro do equipo sanitario sufriu un desmaio, ao parecer conmocionado polas duras imaxes do accidente e o estado dos feridos.

O condutor do coche, que non sufriu feridas de gravidade, deu negativo na proba de alcoholemia. O departamento de Tráfico da Garda Civil instrúe dilixencias para determinar a posible responsabildiade penal do causante do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade