Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen catro persoas por un golpe de mar nunha piscina natural do sur de Tenerife

Falecen catro persoas por un golpe de mar nunha piscina natural do sur de Tenerife

Varias persoas que foran arrastradas pola ondada saíron polo seu propio pé

O suceso tivo lugar na piscina natural de Isla Cangrejo, en Tenerife (Efe/Alberto Valdés)
G24.gal 07/12/2025 20:58 Última actualización 08/12/2025 10:19

Tres persoas, dous homes e unha muller, faleceron este domingo vítimas dun golpe de mar nunha piscina natural no cantil dos Gigantes, no municipio de Santiago do Teide, na costa sur de Tenerife. 

Outra muller foi recuperada da auga en parada cardiorrespiratoria e trasladada en estado grave en helicóptero ao hospital de Santa Cruz. Faleceu na mañá do luns. Dous homes e unha muller tamén resultaron feridos. 

Salvamento Marítimo mantén unha embarcación na zona por se houbese máis vítimas no mar, aínda que non se reportou ningunha persoa desaparecida.

O suceso produciuse sobre as 16:00 horas cando varias persoas caeron á auga arrastradas por un golpe de mar. O primeiro medio de emerxencia en chegar foi o helicóptero Helimer que rescatou unha persoa ilesa e un home falecido.

Por medios acuáticos localizaron outras tres persoas: dúas mulleres, unha delas falecida, e un home tamén falecido. Varias persoas que foran arrastradas pola ondada saíron polo seu propio pé.

Outros accidentes

Hai só un mes, o 8 de novembro, outras tres persoas faleceron en Tenerife e quince máis quedaron feridas por golpes de mar en varios accidentes ocorridos na mesma xornada.

O máis grave sucedeu no peirao de Puerto de la Cruz, cando unha grande onda arrastrou ao mar dez persoas, unha das cales faleceu. Outras dúas morreron en accidentes similares ese mesmo sábado na praia de Granadilla de Abona e na costa do Charco do Vento, en La Guancha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade