Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa non quedan ríos en aviso vermello por desbordamentos en Galicia

Xa non quedan ríos en aviso vermello por desbordamentos en Galicia

Baixa a laranxa o perigo de inundacións do Mandeo en Coirós, nivel en que permanecen unha decena de ríos

Veñen tres días de estar á raiola, despois de cincuenta xornadas encadeando temporais

Enchente do Miño ao seu paso por Ourense Enchente do Miño ao seu paso por Ourense
G24.gal 19/02/2026 10:32 Última actualización 19/02/2026 11:53

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén activo o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (Plan Inungal) en fase de preemerxencia, centrada na vixilancia e alerta temperá, baixando a nivel laranxa de risco elevado o Mandeo en Coirós, non quedando ningún río galego en nivel vermello.

Ademais, tamén está activado o nivel laranxa na provincia da Coruña no Xubia (San Sadurniño); no Mero (Cambre); no Barcés (Bergondo); no Valiñas (Culleredo), e no Tambre (Trazo e Oroso). Así como no Lérez ao seu paso por Pontevedra; no Cabeiro ao seu paso por Redondela, e no Miñor en Gondomar.

A estes engádese na provincia de Ourense o río Miño nas localidades de Ourense e da Peroxa.

A Xunta lembra que o nivel laranxa de risco elevado supón que o caudal presenta niveis superiores aos habituais, polo que é necesario extremar a precaución nas zonas próximas aos ríos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade