Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller foi evacuada por inhalación de fume no incendio declarado nun edificio da Coruña

Unha muller foi evacuada por inhalación de fume no incendio declarado nun edificio da Coruña

Un curtocircuíto no cadro de contadores foi a orixe do lume

G24.gal 05/04/2026 15:24

A primeira hora da mañá un curtocircuíto no cadro de contadores dun edificio do centro da Coruña provocou un pequeno incendio e unha intensa fumareda que ascendeu con rapidez polo oco das ecaleiras. Os bombeiros xa estiveran antes no inmoble pola rotura dunha tubaxe de auga nun dos segundos pisos. Investigan se esa avaría foi a orixe do lume que os obrigou a regresar apenas dúas horas despois.

"É probable que a auga baixase por algunha instalación, chegase ao cadro dos contadores e provocase un curtocircuíto que iniciou proceso. A instalación ardeu de forma masiva", explica José Villar, xefe de quenda do parque de bombeiros da Coruña.

As lapas unicamente afectaron aos contadores da auga e da electricidade situados no baixo. Foi o fume o que causou problemas.

"Unha veciña abriu a porta da casa e entroulle o fume. Tivemos que evacuala e despois arender varias persoas máis, encamadas ou con osíxeno, para controlar que nesas vivendas non había problemas". di.

A muller intoxicada polo fume foi atendida polos sanitarios nunha das ambulancias desprazadas á rúa Fontán. Os bombeiros lembran que, nunha situación coma esta, o máis seguro é permanecer na casa.

A intervención mantivo a rúa pechada varias horas, pero non houbo afectación no tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade