Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na Guarda un coche atropela un ciclista que quedou ferido grave

Na Guarda un coche atropela un ciclista que quedou ferido grave

O home, de 76 anos e nacionalidade holandesa, foi trasladado en ambulancia ao hospital de Vigo

Ata o lugar dos feitos desprazouse un helicóptero medicalizado

G24.gal 05/04/2026 15:00

Un ciclista quedou ferido grave despois de ser atropelado por un coche na Guarda. Foi pouco antes das doce do mediodía cando o ciclista fixo un xiro para incorporarse á vía e o coche non puido esquivalo.

O home, de 76 anos e nacionalidade holandesa, foi trasladado ao hospital de Vigo.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros do Baixo Miño, a garda civil, unha ambulancia e mesmo un helicóptero medicalizado, malia que finalmente a vítima foi trasladada en ambulancia.

Un carril da estrada que vai a Oia estivo cortado ao tráfico mentres os equipos de emerxencia atendían a vítima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade