Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a metade dunha vivenda e unha construción anexa en Bande

Arde a metade dunha vivenda e unha construción anexa en Bande

As tres persoas que durmían na casa non se mancaron

Aínda non se sabe como se orixinou o incendio

G24.gal 04/04/2026 20:50 Última actualización 04/04/2026 21:30

Un incendio destruíu a metade dunha vivenda e unha construción anexa, na parroquia de Carpazás, no municipio ourensán de Bande. Na casa durmía un matrimonio e o pai da señora, pero ningún sufriu danos.

O persoal do GES de Muíños foi o primeiro en chegar ao lugar contra as oito da mañá deste sábado e non rematou o labor ata as catro da tarde. Tamén acudiron os bombeiros de Xinzo.

Din que a extinción levou tempo debido á carga térmica que había na construcción anexa á vivenda onde gardaban unha gran cantidade de madeira. Polo momento, non se sabe como se orixinou o incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade