Publicador de contidos

Publicador de contidos

A iluminación de Nadal fai que unha casa de Xermade se vexa a máis dun quilómetro

A iluminación de Nadal fai que unha casa de Xermade se vexa a máis dun quilómetro

O Nadal enche de luz as vivendas galegas e cada ano son máis as que se aluman con milleiros de luces led

G24.gal 07/12/2025 21:16 Última actualización 07/12/2025 21:28

Na parroquia de Roupar, en Xermade, hai unha casa chea de luces de nadal que se poden ver a un quilómetro de distancia.

No seu xardín recrean diferentes escenas, como un belén, a chegada dos reis ou a casa do pai Noel.

Ás súas portas chegan cada día ducias de coches que paran para que os seus ocupantes vexan máis de preto os detalles da decoración, un proceder que se está facendo costume entre os galegos, xa que cada ano son máis as casas, principalmente as vivendas unifamiliares, nas que a decoración do Nadal recibe un gran protagtonismo.

Así, moitas familias van de ruta turística de casa en casa nas noitiñas dos festivos e das fins de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade