Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan un kamikaze octoxenario no Salnés que conducía dando bandazos

Interceptan un kamikaze octoxenario no Salnés que conducía dando bandazos

A Policía local de Vilanova perseguiuno durante varios quilómetros pero o home non se daba por aludido

Os axentes lograron frealo na rotonda de Vilariño, no concello de Cambados, sen provocar danos persoais

Os axentes interceptaron o coche en Cambados. FOTO: Policía Local de Vilanova
G24.gal 07/12/2025 11:21 Última actualización 07/12/2025 14:14

Un octoxenario que conducía dando bandazos polo carril contrario na estrada PO-306, ao seu paso por Vilanova de Arousa, alarmou o resto de vehículos que circulaban pola zona este sábado.

A Policía Local perseguiuno durante varios quilómetros tras incorporarse á vía de alta capacidade que une Cambados con Vilagarcía, pero o home non se daba por aludido. Eran as 14:30 horas e había moito tráfico.

Ao final, os axentes lograron frealo na rotonda de Vilariño, no concello de Cambados. Interpuxéronse na traxectoria do vehículo que chegou a bater suavemente contra o coche patrulla sen provocar danos persoais.

A policía municipal de Vilanova da Arousa comezou os trámites para solicitar que se lle retire o permiso de conducir ao infractor, veciño de Meaño, por perda das facultades psicofísicas.
 

O home non era consciente do perigo. FOTO: Policía Local de Vilanova O home non era consciente do perigo. FOTO: Policía Local de Vilanova
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade