Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista ao saír da vía na A-55 á altura de Mos

Falece un motorista ao saír da vía na A-55 á altura de Mos

O accidente produciuse preto das dez da noite deste luns na curva dos Molinos por causas que se descoñecen

A vía permaneceu parcialmente cortada durante a intervención dos servizos de emerxencia

G24.gal 30/09/2025 07:49 Última actualización 30/09/2025 14:21

Morre un motorista duns 70 anos ao saír da vía na A-55 en Mos. O accidente produciuse preto das dez da noite deste luns na curva dos Molinos por causas que se descoñecen.

"Por causas que se descoñecen caeu da motocicleta e bateu contra a medianeira do lado esquerdo da calzada. Cando nos avisaron e acudimos ao punto do accidente, a vítima xa estaba sendo atendida por unha ambulancia asistencial que apsaba polo lugar e por un técnico fóra de servizo. Intentaron reanimalo, sen éxito, chegou a medicalizada e segurion tratando de reanimalo, pero xa nada puideron facer por salvalo", realta Carlos Costas, efe do Servizo de Emerxencias do concello de Mos.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias do 061, do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Mos e da Garda Civil de Tráfico. Tentaron reanimalo durante uns 40 minutos.

As lesións que presentaba debido ao impacto non revestían moita gravidade, así que non se desbota que o falecemento puidera ter unha causa natural. "Parece ser que sí, que algo lle deu e bateu contra o gardarraíl. As feridas que presentaba non eran de falecer polo sinistro", afirma Carlos Costas.

O lugar onde ocorreu o suceso é unha zona con tráfico intenso e frecuentes incorporacións. A vía permaneceu parcialmente cortada durante a intervención dos servizos de emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade