Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alarma no barrio coruñés da Agra do Orzán tras a última pelexa con arma branca

Alarma no barrio coruñés da Agra do Orzán tras a última pelexa con arma branca

Denuncian pelexas, venda de droga polo miúdo, roubos e discusións

Piden que regrese a policía de barrio

G24.gal 30/09/2025 13:15

A última liorta rexistrada no barrio da Agra do Orzán aconteceu hai cinco días, minutos antes das once da noite, na rúa Páramo. Dous mozos enfrontáronse nunha pelexa na que un deles empregou unha navalla. "Había dous mozos, un sacou a camiseta... Comezaron a forcexar e xa se leou", comentan os veciños.

Á zona desprazáronse tres patrullas da Policía Local, que identificaron un dos implicados na lea e tamén a navalla da que se desprendeu mentres fuxía. Un suceso que, segundo os veciños, se repite con certa frecuencia.  

A veciñanza di que a inseguridade vai medrando no barrio, onde denuncian tamén venda de droga polo miúdo, roubos, ruídos e discusións. "Hai moita droga, roubos, tiróns... Eu xa non levo bolso, levo todo nesta bolsa de plástico". "Por aquí a policía non se ve moito. E fai falta".

Desde a asociación de veciños contan que levan anos pedindo que regrese a policía de barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade