Deteñen unha muller en Madrid por tentar matar unha filla de 10 anos con medicamentos no iogur
Foron os fillos maiores da muller os que ao entrar na vivenda atoparon inconscientes a nai e a irmá

A Policía Nacional detivo unha muller en Madrid por tentar matar a súa filla de 10 anos ao darlle un iogur cunha alta cantidade de medicamentos.
Os feitos ocorreron o pasado 9 de setembro, no distrito de Ciudad Lineal, cando os fillos maiores da arrestada accederon ao domicilio familiar e atoparon a súa nai e a súa irmá inconscientes, segundo avanzou este martes o diario El Mundo e confirmou á Axencia EFE a Xefatura Superior da Policía.
Nese momento os fillos avisaron os servizos de emerxencias e unha patrulla da Policía, que atoparon unha gran cantidade de medicinas no domicilio, ademais dun iogur con restos dunha substancia poeirenta no seu interior.
Os efectivos do SUMMA 112 confirmaron que ambas estaban intoxicadas pola inxesta de medicamentos, polo que se procedeu ao seu traslado hospitalario.
No caso da nai, foi detida e custodiada no hospital, acusada dun presunto delito de homicidio.