Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un motorista nun accidente que colapsa a AP-9 en Vigo

Ferido un motorista nun accidente que colapsa a AP-9 en Vigo

O choque ocorreu arredor das 8:00 no quilómetro 152 da autoestrada

Os bombeiros acudiron á entrada do túnel da Madroa para liberar o piloto, ao que lle quedou unha perna atrapada

G24.gal 30/09/2025 09:25 Última actualización 30/09/2025 10:11

Un motorista resultou ferido na mañá deste martes nunha colisión por alcance cun turismo, ocorrido xusto antes da entrada do túnel da Madroa, en sentido Tui.

O accidente está a causar retencións na AP-9, desde o acceso de Isaac Peral ata a ponte de Rande. O choque ocorreu ao redor das 8:00 no quilómetro 152 da autoestrada.

Os bombeiros acudiron á entrada do túnel da Madroa para liberar o piloto, ao que lle quedou unha perna atrapada. Tráfico aclarou que o condutor se enganchara co pantalón na cadea da moto "e foi aí cando se foi contra o coche". O motorista recibiu asistencia no punto. Foron mobilizados, entre outros, 061, Garda Civil e servizos de mantemento.

Pasadas as 9:30 horas, a circulación estaba aberta ao tráfico pero con retencións na contorna da ponte de Rande, con ao redor de 5 quilómetros de atasco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade