Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal remite, pero mantense o aviso laranxa na Comunidade Valenciana e nas Baleares

O temporal remite, pero mantense o aviso laranxa na Comunidade Valenciana e nas Baleares

A choiva deixa estradas cortadas, inundacións e un colexio desaloxado en Eivisa

Situación en Artena, Castelló, este luns (EFE/Andreu Esteban)
G24.gal 30/09/2025 08:54 Última actualización 30/09/2025 10:59

A intensa choiva caída esta pasada noite en Eivisa deixou estradas cortadas e inundacións en distintos puntos da illa e o desaloxo preventivo e peche dun colexio en Sant Antoni, aínda que sen incidencias graves, segundo informaron desde diversas institucións da Pitiusa maior.

Durante a noite a choiva provocou a inundación dos pasos inferiores da estrada do aeroporto, que permanecen cortados e obriga a desviar o tráfico polos pasos elevados.

Os Bombeiros de Eivisa xestionaron durante a madrugada unha vintena de servizos relacionados coa tormenta, a maior parte das intervencións relacionadas con acumulacións de auga en vía pública, vivendas, comercios e garaxes de edificios residenciais, engadiron desde a Administración insular.

Tamén recibiron un aviso por derruba de xeso nun teito, que atendeu a Policía Local ao non presentar gravidade, e varios avisos de persoas atrapadas en vehículos debido a balsas de auga na estrada, aínda que sen danos persoais, e atenderon ademais un aviso por dúas persoas atrapadas nun ascensor.

O forte temporal de choiva que azoutou o Mediterráneo as últimas horas comeza a remitir, aínda que polo de agora mantense o aviso laranxa (risco importante) na Comunidade Valenciana e no arquipélago balear por precipitacións que poderían acumular entre 50 e 80 litros por metro cadrado nunha hora, informa a AEMET na súa web. 

Varias trombas de auga afectaron na véspera o litoral valenciano en puntos como Gandía, Cullera e Sueca. O temporal obrigou a suspender clases en ducias de municipios das tres provincias e afectou a máis de medio millón de alumnos, tamén obrigou a pechar comercios, cortar a circulación en varias estradas e vías ferroviarias, modificar aterraxes e realizar intervencións de achiques e saneamentos.

O temporal de choiva deixou acumulado este luns ata as 22 horas un total de 239 l/m² na localidade de Barx, na comarca de La Safor.

Os bombeiros do Consorcio de Valencia realizaron durante a tarde unhas cincuenta actuacións, entre elas catro rescates, relacionadas coas fortes precipitacións rexistradas na provincia, principalmente na zona de Cullera e Sueca.

Municipios da zona cero da dina de outubro de 2024 seguen vixiantes a evolución do temporal aínda que na Generalitat e a Delegación do Goberno se insiste en que este episodio é diferente ao de hai once meses: se chove será de forma local e desde o mar, cos problemas que iso pode provocar nunha rede de sumidoiros que aínda non está arranxada, pero a auga non virá polos barrancos coa furia incontrolada daquel 29 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade