Publicador de contidos

Publicador de contidos

Permanece a alerta vermella na provincia de Valencia pola borrasca Gabrielle

Permanece a alerta vermella na provincia de Valencia pola borrasca Gabrielle

Cataluña desactiva a alerta do plan INUNCAT polas chuvias

Murcia mantén o aviso laranxa ata este martes con numerosas estradas cortadas polas precipitacións

En Mallorca as tormentas deixaron pedrazo de ata dous centímetros de diámetro

O temporal de choivas vai a máis e deixa xa un acumulado en Gandía de 356,8 l/m2 en doce horas

G24.gal 29/09/2025 21:08 Última actualización 29/09/2025 21:32

As rúas de Cullera convertéronse este luns en auténticos ríos polas chuvias torrenciais que caeron esta tarde no municipio valenciano. Unha forte tromba que deixou 100 litros por metro cadrado en apenas unha hora. En Gandía outro trebón rexistrou 200 litros por metro cadrado nalgúns puntos do concello deixando cifras históricas nos rexistros.

Algo similar aconteceu en Sueca, onde as fortes precipitacións deixaron 54 litros por metro cadrado nunha hora. O alcalde dixo que poucas veces vira chover con tanta intensidade. 

Valencia suspendeu as clases este martes en centros de zonas inundables, nas pedanías do Sur e na fachada marítima, dado que Aemet mantén o aviso vermello en toda a provincia ata esta medianoite. Tamén foi aprazado o partido entre o Valencia e o Oviedo. 

A Generalitat Valenciana e o Goberno non desbotan chuvias na zona cero da dina pero mandan unha mensaxe de tranquilidade.

En Aragón, calma tensa despois dunha noite en vela con momentos críticos, onde houbo que rescatar familias que quedaron illadas nas súas vivendas.

Piden precaución en Cataluña nos sitios onde poida chover sobre mollado, especialmente en todo o curso do Ebro, na provincia de Tarragona. Alí Emerxencias recibiu 131 chamadas, a maioría incidencias nas estradas e ferrocarrís.

Mallorca tamén estivo moi afectada na tarde do luns con inundacións e pedrazo de ata dous centímetros.

 Aemet prevee que siga a inestabilidade no leste e sueste da Península e tamén nas Baleares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade