Galicia, de novo en aviso amarelo por refachos de vento e choiva
Espéranse acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra
A próxima semana entrará un anticiclón con tempo máis seco
A borrasca Claudia deixa en Santiago máis de 220 incidencias
Persoas cubríndose da choiva en Ourense
Galicia estará unha xornada máis afectada por unha alerta amarela por fortes ventos e choivas nunha semana que estivo marcada polo paso da borrasca Claudia, a cal segue influíndo no territorio galego deixando 80 litros por metro cadrado tanto en Poio coma en Santiago nas últimas horas, con fortes choivas dende a noite do pasado xoves.
Segundo informa MeteoGalicia, haberá vento deas entre 70 e 80 quilómetros por horas no sur de Ourense, montaña ourensá e de Lugo.
Todo iso tras un xoves no que a máxima de vento rexístrase en Carballeda de Valdeorras, con 114,4 quilómetros por hora. A choiva acumulada alcanza os 60 litros por metro cadrado en Calvos de Randín.
Este venres será de chuvias de carácter tormentoso e de ventos intensos, superando polo momento os 100 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo) durante esta madrugada.
Prevese que a inestabilidade meteorolóxica manterase ata este domingo 16 de novembro e MeteoGalicia informa de que a próxima semana espérase cambio de tempo, coa entrada dunha masa de aire fría, vento do norte e baixada de temperatura.