Cargando resultados...
A borrasca Claudia deixa en Santiago máis de 220 incidencias
En Compostela caeron máis de 200 litros por metro cadrado
G24.gal
14/11/2025 14:27
A borrasca Claudia segue estacionada en Galicia e deixou xa unha chea de incidencias en todo o país. En Santiago, por exemplo, xa van máis de 220.
Ás portas da fin de semana, seguiremos en aviso amarelo por chuvia e vento, pero a boa noticia é que, de cara ao domingo, a cousa vai ir amainando.
Na zona oeste da provincia da Coruña rexistráronse cantidades de arredor de 300 litros por metro cadrado, algo impresionante xa que é máis do que debería chover en todo o mes de novembro.
En Compostela foron máis de 200 litros por metro cadrado.