Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Therese reduce os seus efectos, pero mantén en aviso boa parte das Canarias

A borrasca Therese reduce os seus efectos, pero mantén en aviso boa parte das Canarias

Persiste o risco de inundacións pola enchente de barrancos 

Varias estradas do interior das illas occidentais e de Gran Canaria están afectadas por desprendementos

G24.gal 22/03/2026 13:48 Última actualización 22/03/2026 21:36

A borrasca Therese reduciu a súa intensidade sobre o arquipélago canario, pero a Aemet mantén todas as illas, agás Fuerteventura, en aviso amarelo. 

A situación mellorou pero este luns aínda se espera chuvia forte e tormentas, especialmente nas illas máis occidentais. Hai encoros aliviando auga e varias estradas afectadas por deprendementos. O vento tamén motivou unha cancelación e oito desvíos no aeroporto de Lanzarote. 

Nestes momentos os avisos por vento cínguense ás costas de Tenerife. Alí durante a pasada noite producíronse cortes de luz nalgúns puntos e varias estacións meteorolóxicas situadas nos cumios rexistraron acumulados de auga superiores aos 200 litros por metro cadrado. Todos os accesos ao Teide permanecen pechados, principalmente pola presenza de neve e de placas de xeo na calzada.

O 112 advertiu que, aínda que o tempo foi mellorando e pode lucir o sol, persiste en moitos puntos do arquipélago o risco por inundacións e desprendementos tras a enchente de barrancos e a caída de pedras a causa das chuvias. Neste sentido, recomendan evitar desprazamentos innecesarios polas estradas do interior das illas occidentais e de Gran Canaria.

Therese non deixará definitivamente o arquipélago canario ata o martes.

Este luns retomarase a actividade lectiva presencial en todos os centros educativos de Canarias que debido á borrasca Therese operaron de forma telemática o xoves e o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade