Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso vermello por chuvia intensa esta tarde en Castelló, Valencia e Tarragona

Aviso vermello por chuvia intensa esta tarde en Castelló, Valencia e Tarragona

A previsión de Aemet é que se acumulen 90 litros por metro cadrado nunha hora e ata 250 litros en doce horas

Medio cento de concellos valencianos suspenderon as clases

A Generalitat Valenciana enviou esta mañá un Es-Alert ante a situación de A Generalitat Valenciana enviou esta mañá un Es-Alert ante a situación de "perigo extraordinario" por choivas (EFE/Kai Försterling)
G24.gal 01/10/2026 10:23 Última actualización 01/10/2026 12:50

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) subiu a vermello (perigo extraordinario) a partir das 18 horas o aviso por choivas no litoral e no interior norte de Castelló, o litoral de Valencia e o litoral de Tarragona ante a previsión de que se acumulen 90 litros por metro cadrado nunha hora e ata 250 litros en doce horas.

Aemet espera que a partir das 18 horas as precipitacións poidan deixar 90 litros por metro cadrado nunha hora e 250 litros en doce horas no litoral e o interior norte da provincia de Castelló, mentres que no litoral norte de Valencia poderíanse acumular 90 litros nunha hora e 180 en doce horas, e no litoral sur de Valencia 90 litros nunha hora.

A Generalitat Valenciana enviou ás 10:02 horas deste xoves un Es-Alert ante a situación de "perigo extraordinario" por choiva desde as 18 horas o interior norte e o litoral de Castelló e o litoral de Valencia, no que pide evitar desprazamentos, afastarse de barrancos e, se aumenta o nivel da auga, subir a plantas superiores.

Medio centenar de concellos da Comunitat Valenciana suspenderon as clases durante esta mañá e espérase que se vaian sumando máis municipios durante as próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade