Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ataque do raposo na Estrada: "No último ano matoume cen galiñas poñedoras"

Ataque do raposo na Estrada: "No último ano matoume cen galiñas poñedoras"

Unha granxa de Remesar padece ataques constantes malia o peche e os gansos

As perdas multiplícanse porque as pitas deixan de poñer polo estrés

 

G24.gal 01/10/2026 13:57

O raposo fixo unha vista a unha granxa de poñedoras de Sinda. O peor é que non se trata dun feito illado. 

"O ano pasado levoume máis de cen, empezou na primavera e non parou. Antes tiña coellos no monte, agora non ten nada e baixa máis ás casas", explica Sinda Tosar, a avicultora de Ovos campeiros Remesar.

Rubindo polo poste como un gato ou furando a terra baixo o peche, o raposo sempre atopa o xeito de entrar no curral. Faino a plena da luz do día aproveitando que as pitas andan soltas polas leiras. E nin estas ocas nin a propia Sinda son quen de detelo.

"Ultimamente está moi confiado, antes escapaba como o lume se estabas preto pero agora perdeu o medo. Puxen as ocas porque me dixeron que eran moi boas para arredalos pero non funciona nada".

 Calcula que perde unhas cen galiñas ao ano por culpa dos ataques. Pero na conta da desfeita hai que engadir a das pitas que deixan de poñer durante días polo estrés.

"Perdes o valor do animal, os ovos que ía poñer e o que deixan de poñer as outras polo susto dos ataques continuos. Para unha explotación pequena son perdas importantes".

Perdas polas que non recibe ningún tipo de compensación, a diferenza do que sucede nas granxas de vacas, cabalos ou ovellas.

"Polo menos pido que me axuden a sacar o raposo de aquí. Non digo que me paguen as perdas, pero que axuden a que o problema non vaia a máis".

De seguir así, asegura, acabará tendo que pechar o negocio de ovos campeiros que con tanto esforzo puxo a andar nestes terreos da parroquia estradense de Remesar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade