Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha tromba de auga provoca estragos en Lugo

Unha tromba de auga provoca estragos en Lugo

Houbo desperfectos nalgunhas terrazas e casetas do recinto feiral e a auga entrou en comercios da avenida das Fontiñas

Chega o primeiro temporal do outono, con alerta laranxa no litoral e avisos por chuvia para este martes

G24.gal 28/09/2026 19:41 Última actualización 28/09/2026 20:41

Unha forte tromba de auga, acompañada de fortes refachos de vento, sorprendeu pouco despois das seis da tarde deste luns os veciños de Lugo. Foron apenas uns cinco minutos, pero suficientes para provocar a caída de mobiliario nas terrazas de varios locais de hostalería e tamén estragos nas casetas dunha feria de artesanía instaladas na Praza Maior.

A intensa chuvia provocou tamén incidencias no recinto feiral do San Froilán, onde están xa instaladas as atraccións. De feito, algunhas estaban xa abertas ao público nese momento. Foron moitas as persoas que tiveron que refuxiarse.

Nalgunhas zonas da cidade rexistráronse incidencias na circulación e mesmo rebordaron algúns sumidoiros. Tamén entrou auga nalgúns establecementos comerciais en zonas como Fontiñas.

Na Ronda do Carme caeu unha árbore, o que provocou problemas na circulación de vehículos emntres se procedía a súa retirada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade